Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O mércores volve o sol a Vigo

O martes xa habera´grandes claros pola tarde

Fin de semana de cielos nublados... y chubascos

O mércores volve o sol a Vigo. Ese é o pronóstico de MeteoGalicia, que apunta a ceos cubertos con chuvascos desde este domingo ate o martes, día 18.

Domingo, 16

Será unha xornada de ceo parcialmente nubrado, aínda con algunha chuvia illada e ocasional. As temperaturas non terán cambios significativos con 20 graos de máxima en Ourense; 19 en Vigo-cunha mínima de 14-; 18 en Pontevedra e Lugo e 17 en A Coruña, Santiago e Ferrol.

Luns, 17

Galicia quedará durante esta xornada na influencia dun “débil centro de altas presións” con fluxo de vento do oeste. Agardamos polo tanto unha xornada de ceo parcialmente nubrado,con máis nubes pola mañá, cando se poderá rexistrar algunha chuvia feble e ocasional.

As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso mentras que as máximas seguirán se cambios. Por cidades, Ourense repite máxima, 21 graos; 18 en Pontevedra, Santiago e Lugo; 17 en Ferrol e Vigo-cunha mínima de 9– e 16 graos na Coruña.

Martes, 18

Un pequeno centro de baixas presións provocará un aumento da inestabilidade durante esta xornada. Así os ceos estarán moi nubrados e rexistraranse precipitacións, algo máis xeneralizadas a primeira hora, tendendo a desaparecer ao mediodía, abríndose claros pola tarde.

As temperaturas ascenderán lixeiramente chegando a 23 graos en Ourense; 20 en Pontevedra e Vigo-con 10 de mínima-; 19 en Ferrol, Santiago e Lugo e 16 en A Coruña.

Mércores, 19

As altas presións dos Azores entrarán durante esta xornada achegando estabilidade. Deste xeito amenceremos con intervalos de nubes baixas e néboas en vales do interior que tenderán a desaparecer para quedar os ceos pouco nubrados ou despexados a partir do mediodía. Deste xeito, o mércores volve o sol a Vigo…aínda que parece que non durará.

As temperaturas mínimas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado, pero as máximas ascenderán chegando a 25 graos en Ourense; 21 en Lugo, Santiago, Pontevedra e Vigo-cunha mínima de 7; en Ferrol non pasarán dos 19 e na Coruña os termómetros chegarán a 16.

También te puede interesar