Galicia

Sanidade chamará xa aos 93.000 galegos pendentes da segunda dose de AstraZeneca

Poderán elixir entre repetir vacina ou poñerse a de Pfizer

Feijóo vcuna

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) empezará a chamar en breve aos 93.000 galegos pendentes da segunda dose de AstraZeneca.

En total son uns 93.000 as galegas e galegos menores de 60 anos que teñen posta a primeira das doses da vacina de AstraZeneca.

A Xunta prefire que se repita con AstraZeneca …pero será posible elixir

O presidente Feijóo reiterou hoxe que a recomendación da Xunta, é que se “repita” con AstraZeneca, a vacina que recibiu él mesmo. En todo caso, o presidente apuntou que será posible elixir entre esta e Pfizer, sempre con consentimento informado.

Comunicacións vía teléfono móbil

Nos vindeiros días, o Sergas enviará unha comunicación por teléfono móbil ás persoas xa vacinadas con AstraZeneca.

También te puede interesar