Foto:Alberto Pérez Barahona/ Desde esta mesma semana, maquetas dos xa célebres jalpóns do Festival de Cans, están expostos na Bienal de Venecia de Arquitectura.
‘Cans, arquitectura de consenso’
Os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco, do estudio de arquitectura CreuseCarrasco, son os autores deste proxecto, que presenta unha reflexión arredor da aldea de Cans, denominada “Cans, arquitectura de consenso”.
A mesma afonda na conversión dos espazos cotiás privados en lugares de acción cultural de proxeción pública, un sinal de identidade de Cans.
Seleccionados entre 400 proxectos
Mais de 400 propostas foron presentadas para estar no Pabellón de España da Bienal de Venecia, e 34 foron seleccionadas, entre eles o proxecto dos ‘jalpóns’ do Festival de Cans.
A exposición foi realizada co apoio de Acción Cultural Española (AC/E), A Agencia Española de la Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) e tamén a Fundación Arquia. O Festival de Cans está comezando as conversas cos autores do proxecto para intentar que Galicia poida acoller o mesmo o vindeiro ano.