Galicia Vigo al minuto

O BNG denuncia que o Goberno local impide ver o expediente do Plan Xeral

Asegura que foi unha «orde da Consellería de Urbanismo»

Demoras de ata catro semanas para ser atendido polos Servizos Sociais do Concello

O Plan Xeral está «oculto». O Goberno local impide ver o seu expediente. Isto é o quevén de denunciar o Bloque Nacionalista Galego de Vigo: que non se deixa acceder aos grupos da oposición ao mesmo.

Dende o Bloque critican a «opacidade e escurantismo» co que o Goberno local está a abordar a elaboración do novo planeamento urbanístico.

«Orde da Consellería de de Urbanismo»

O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, sinala que, segundo lle confirmaron técnicos municipais, «foi unha orde da Concellaría de Urbanismo a que motivou que se lles retirara a todos os grupos da oposición o acceso ao expediente municipal do novo PXOM».

«Tivemos acceso desde maio de 2020, o que nos permitía cando menos ter constancia da situación da tramitación, pero foinos retirado desde o día de onte por unha decisión política do Goberno local», denuncia. «Que queren agochar con esta decisión? Que é o que non queren que saibamos?»

O BNG xa solicitou, oficialmente, que se lle volva habilitar o acceso ao expediente para coñecer a súa evolución «en tempo real»

«É hora de quitar o Plan Xeral da escuridade dos despachos. É hora de poñer luz, de máis transparencia, de máis información e sobre todo de máis participación, para termos un Plan de toda a cidade e non só duns poucos», remacha Igrexas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.