Comarcas

Redondela abre o prazo de inscrición no ‘Programa de Conciliación 2021’

Remata o día 14 de este mes

Redondela abre o prazo de inscrición no 'Programa de Conciliación 2021'

Redondela vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Programa Municipal de Conciliación 2021. Trátase dunha iniciativa que busca que veciñas e veciños poidan compaxinar a vida laboral e familiar.

Prazo de inscrición ata 0 14 de xuño

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 14 de xuño e o programa está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. No caso de menores con necesidades educativas especiais, avaliarase cada solicitude de xeito individual.

Por quincenas

Como novidade para esta edición 2021, ábrese a posibilidade da inscrición por quincenas en lugar de facelo por meses enteiros, como en edicións anteriores.

Xullo e agosto

O Programa desenvolverase durante xullo e agosto en centros educativos das parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Quintela, Reboreda e Redondela, ofertándose un total de 240 prazas, en horario de 09:00 a 14:00 h.

En todo caso, explicou a alcaldesa, o número de prazas estará suxeito á normativa e medidas ditadas polas autoridades sanitarias.

También te puede interesar