Ante as numerosas mostras de agradecemento aos profesionais da sanidade feitas polos cidadáns durante a pandemia, o Sergas facilita estas expresións de gratitude e recoñecemento distribuíndo diverso material para esta finalidade.
‘Espazos de agradecemento’
Así, nos últimos días, na Área Sanitaria de Vigo creáronse nos centros sanitarios uns “Espazos de agradecemento”. Ademáis, instaláronse 11 urnas e 14 paneis expositores. Xunto aos paneis hai carteis informativos e post-itpara que os cidadáns podan escribir unha mensaxe e pegala no mesmo. Tamén habilitouse un enderezo de correo electrónico para a cidadanía: [email protected]
Ademais, nas Unidades de hospitalización de Pediatría do Cunqueiro os nenos e nenas ingresados teñen follas para que poidan realizar debuxos de agradecemento.
Plan de intervención Psicosocial
Este Plan ten por obxecto ofrecer un recoñecemento explícito ao persoal e dar, tamén, unha resposta unificada, para previr e minimizar as repercusións sobre a saúde e o benestar emocional dos profesionais que traballan nas institucións sanitarias do Sergas durante a crise sanitaria.
O persoal do Sergas é susceptible de padecer todos os efectos adversos que a poboación sufriu pola pandemia. Ademáis, os profesionais da sanidade exponse a factores de risco psicosocial específicos derivados das condicións do seu traballo. Por este motivo, fíxose imprescindible adoptar medidas específicas para o apoio e atención de todo o persoal que desenvolve o seu labor na sanidade pública de Galicia, dando o mellor de se mesmos.