901.841 galegos teñen postas as dúas doses de vacina contra a COVID. Isto supón que o 38,17% da poboación ten xa a’pauta completa’. Ademáis, dacordo cos datos actualizados da Consellería de Sanidade, 1.427.996 recibiron, cando menos, unha vacina.
En total, se administraron 2.258.546 doses das 2.349.665 que a Xunta recibiu do Goberno do Estado, o que representa o 96,12% do total.
Maiores de 50 años
Os datos de Sanidade apuntan a que administrouse, polo menos, unha picada a 1.199.981 persoas maiores de 50 anos en toda Galicia,un 93,97% do total desa franxa de idade.
386.000 de entre 40 a 49 anos, citados
Até hoxe xa están vacinadas 167.613 galegos e galegas de 40 a 49 anos, o que representa un 37,83% dos 443.000 cidadáns a inmunizar neste grupo. Entre a semana pasada e esta, están citados a vacinarse 386.000 galegos destas idades.