A socialista Verónica Tourón tomou posesión este martes como nova alcaldesa de Salceda de Caselas. Sucede no cargo a Loli Castiñeira, de Movemento Salceda, cumprindo así o pacto de goberno subscrito logo das Eleccións Municipais de 2019.
No mesmo establecíase que Castiñeira ocuparía a Alcaldía os dous primeiros anos de mandato e Tourón os dous segundos. Verónica Tourón que foi proclamada alcaldesa grazas aos 7 votos do grupo de goberno e con 4 en contra dos concelleiros do Partido Popular.
A nova alcaldesa comprometeuse na súa toma de posesión a manter a unidade do goberno, fixo un chamamento ao diáligo á oposición e lembrou que “estamos aquí por e para os veciños, para nada máis”.