Galicia

Ourense e Lugo, en ‘alerta laranxa’ por choiva, treboadas e ventos fortes

As previsión advirten de precipitacións de 30 litros por metro cadrado

Ourense e Lugo, en 'alerta laranxa' por choiva, treboadas e ventos fortes

A Xunta ván de activar a ‘alerta laranxa’ en Ourense e Lugo por choiva e treboadas.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta sinala que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisa de que a partir das 12,00 horas de hoxe espérase un “fenómeno meteorolóxico adverso” cpn alerta laranxa na provincia de Lugo.  Tamén afectará o sur, e ás zonas do Miño e Valdeorras, na provincia de Ourense.

30 litros por metro cadrado e ventos moi fortes

As previsións advirten de precipitacións de 30l/m2 nunha hora, saraiba e refachos de vento moi fortes. Así mesmo, actívase alerta amarela por treboadas e choivas no interior das provincias da Coruña e Ourense.

O pronóstico de MeteoGalicia para hoxe é de ceos parcialmente cubertos, con chuvascos de carácter tormentoso que serán máis intensos en puntos das provincias de Lugo e Ourense, onde estarán acompañados de pedrazo, aparato eléctrico e chuvias localmente fortes.

Choiva os próximos días

Para o xoves, día 17, cambia a situación atmosférica, xa que unha fronte fría chegará a Galicia deixando ceos con abundantes nubes e precipitacións, localmente de intensidade forte.

O venres, 18, continuará a inestabilidade e agárdanse intervalos de nubes e claros con algunha chuvia no extremo norte. Pola tarde irán medrando nubes de evolución que poderán dar lugar a chuvascos treboentos.

A fin de semana quedará marcada pola presenza de borrascas atlánticas, non moi activas, pero si bastante próximas a Galicia. As mesmas achegarán masas de aire fresco e húmido. Deste xeito agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros e probabilidade alta de chuvia.  As temperaturas estarán por debaixo do habitual a esta altura do ano.

También te puede interesar