Cultura Vigo al minuto

Sinsal SON Estrella Galicia, do 23 ao 25 de xullo na Illa de San Simón

Cada banda e artista ofrecerá un único concerto e o programa de cada día será diferente

SinSal

A Illa de San Simón acollerá de novo a “selección sonora máis coidada e exquisita do panorama musical galego”. O Festival Sinsal SON Estrella Galicia regresa do 23 ao 25 de xullo.

Logo dunha edición de resistencia, celebrada no litoral, este verán “regresa a súa propia esencia” como evento. Serán tres xornadas de música e contacto coa natureza. SinSal volve con propostas singulares e contemporáneas, directos suxestivos e a illa como cabeza de cartel.

As músicas de vangarda e de raíz, manifestacións urbanas e sonoridades modernas ou con influencias electrónicas conforman a paisaxe sonora que propón este ano Sinsalaudio e que acompañará, ao longo de tres xornadas, ás asistentes desta edición, nomeada Sinsal Esencial.

‘Cartel segredo’

O cartel segredo do Sinsal Esencial non será a única sorpresa para o público. Este ano, cada banda e artista ofrecerá un único concerto nesta edición, polo que o programa de cada día será completamente diferente ao anterior. 

Entradas, en xullo

As entradas de SinSal SON Estrella Galicia sairán á venda nos primeiros días do mes de xullo a través da plataforma Enterticket. O público poderá adquirir os seus billetes para cada día de concertos de xeito individual -sen posibilidade de adquirir abono-. Ademáis, haberán prezos diferenciados entre o público adulto e o menor de 16 anos -inclusive-.

Como é habitual, cada ticket incluirá, ademais do acceso aos concertos segredos e o transporte en barco até San Simón.

También te puede interesar