“Redondela sempre apostou pola diversidade, a tolerancia e a igualdade de dereitos”.Con esas palabras avanzaba a alcaldesa de Redondela o programa de actividades para o ‘Día LGTBQI+’.
Digna Rivas subliñou que “neste ano, reafirmamos ese compromiso dende o convencemento de que so co respecto e a tolerancia na diversidade, poderemos acadar unha sociedade máis xusta, igualitaria e decente”.
Dende o 25 de xuño
Os actos previstos comezarán este venres, día 25 de xuño cando, por primeira vez, iluminarase coas cores arco iris a ponte de madeira da Alameda Castelao. Rivas asegurou que este acto “servirá para amosar noso compromiso con esta xornada pero, ao mesmo tempo, acenderase noutras ocasións, coas cores de diversas iniciativas sociais solidarias”.
O día 28, xornada do Día LGTBIQ+, ás 12 horas terá lugar a lectura do manifesto, para o que se conta coa colaboración das asociacións Irisar, de Redondela, e PVLSE. Nesa mesma xornada terá lugar a posta en marcha doutra iniciativa pioneira, como é a presentación do photocall ‘Posa pola Diversidade’, que se desenvolverá na Praza do Concello.
Xa o 2 de xullo e na sala de exposicións do Multiúsos da Xunqueira, terá lugar unha charla coloquio, impartida pola asociación PVLSE, que levará por título ‘Diverdidade e Historia LGTBI’.
Ese mesmo día, ás 21:30 horas, quedará instalado na Alameda Castelao un ‘Punto de información ArcoIris’ e a xornada pecharase ás 22 horas co concerto de Sacha na Horta, tamén na Alameda Castelao.
Digna Rivas asegurou que con este programa “demostramos, unha vez máis, que Redondela, como cuarto municipio da provincia, ten que estar ao fronte de iniciativas que dean visibilidade a diversidade dentro da normalidade social”.