A concellería de Medio Ambiente ofrece un paseo para observar , sentir e palpar a fauna e flora fluvial en horas nocturnas.
Para iso propón que collas unha lanterna e participes o venres, día 2 de xullo, nunha experiencia coa natureza: descubre os ruídos , sons e reflexos que fai o río Maceiras despois da posta de sol.
A actividade, dinamizada por Faia Educación Medio Ambiental, permitirá coñecer a biodiversidade deste río.
Trátase dunha actividade de balde con prazas limitadas e é preciso inscrición previa. Podes obter información en [email protected] tamén chamando ao teléfono: 986 40 17 13.