Galicia

Redondela pon en marcha a Oficina Virtual Tributaria 3.0

Os contribuíntes poden acceder de dende a web do Concello ou a través de redondela.tributoslocales.es

La Fiscalía pide 20 años de cárcel para un vigués que abusó de una menor

O Concello de Redondela vén a poñer en marcha a Oficina Virtual Tributaria 3.0. A mesma permite á cidadanía acceder á xestión de tributos dende calquera dispositivo móbil.

As veciñas e veciños poderán entrar directamente a través de https://redondela.tributoslocales.es ou da páxina do Concello. Así, terán a posibilidade de realizar pagos, consultas, solicitudes, solicitar fraccionamentos ou domiciliar recibos.

Prazos de pagamento do IBI

Doutra banda, o Concello lembra que o período de voluntario de pagamento do IBI comezará o vindeiro 16 de xullo e rematará o 15 de outubro.

Asi mesmo, a Concellería de Facenda informa que o vindeiro 2 de xullo, remata o prazo para as domiciliación dos recibos.

También te puede interesar