O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.
Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 10 de xullo.