Deportes Destacados

A Deputación impulsa ‘Verán Deportivo’ en praias de Poio, Nigrán, Sanxenxo e Cangas

Combina volei praia, futvolei e tenis praia con iniciativas medioambientais

A Deputación impulsa 'Verán Deportivo' en praias de Poio, Nigrán, Sanxenxo e Cangas

Entre o 10 de xullo e o 15 de agosto as praias de Baltar en Sanxenxo, Lourido en Poio, Panxón en Nigrán e Rodeira en Cangas acollerán un
“Verán Deportivo”, programa que patrocina por vez primeira a Deputación de Pontevedra.

O seu obxectivo, apuntou hoxe a presidenta do organismo provincial, é converter á provincia “nun grande referente dos deportes de praia no conxunto do Estado e de Galicia”.

Carmela Silva deu a coñecer esta mañá o calendario desta actividade deportiva que combina volei praia, futvolei e tenis praia con iniciativas sociais e medioambientais.

Carmela Silva presentando ‘Verán Deportivo’ este martes

Atraer o turismo non masificado e sostible

“Cada día é maior o número de persoas que cando elixen un lugar para desfrutar das súas vacacións buscan vivir experiencias e participar activamente do espazo público. Verán Deportivo é un deses proxectos conxuntos que tanto nos gustan na Deputación de Pontevedra, clave para atraer o turismo non masificado e sostible que estamos a promover”, remarcou a presidenta.

O “Verán Deportivo”, que prevé a participación de 380 persoas aínda que mobiliza a moitas máis, contará con competicións de volei praia, futvolei e tenis praia nas modalidades feminina, masculina e mixta. Estará aberto a maiores de 16 anos e cada fin de semana acollerá dúas competicións: unha para persoas federadas e outra dirixida a amateurs.

Calendario

O evento arrancará os días 10 e 11 de xullo con volei praia en Panxón. Os días 17 e 18 de xullo continuará na praia de Baltar de Sanxenxo con tenis praia e futvolei e, no mesmo espazo pero os días 24 e 25 de xullo, con volei praia.

Os días 31 de xullo e 1 de agosto a praia de Rodeira en Cangas acollerá tenis praia e futbolei. Xa en agosto, os días 7 e 8, terán lugar as competicións de volei praia en Lourido, Poio. “Veran Deportivo” rematará a fin de semana do 14 e 15 de agosto con
tenis praia e futvolei tamén en Lourido.

Amais das competicións de volei praia, futvolei e tenis praia haberá tamén en cada concello sesións de formación sobre estas disciplinas deportivas para as crianzas, que terán lugar, todas elas, o venres anterior ao inicio das probas.

“Verán Deportivo”, que regresa tralo parón do 2020 por mor da covid, «dá sentido ao deporte como elemento integrador en accións sociais e medioambientais». De feito, trátase dun evento comprometido coa mellora da empregabilidade das persoas en risco de exclusión social e ofrece un compromiso co coidado do medio ambiente na recollida selectiva de todos os envases utilizados nas competicións. «Amais pretende fomentar a práctica do deporte e dos hábitos saudables e de benestar nas praias».

Outras actividades deportivas

Xunto a “Verán Deportivo”, a Deputación de Pontevedra tamén está a colaborar con outras actividades entre as que se atopan a “Epic Race”; Costa Atlántica Triple Coroa de natación; o Trail League BTT e a Golden River Race de piragüismo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.