A Deputación ten aberta a incrición para ‘DepoAuga’. Trátase dunha actividade que combina o paddle surf e o kayak e dispón de 104 prazas.
As persoas interesadas poden reservar a súa desde hoxe na web da Deputación de Pontevedra para a primeira das actividades.
Ruta guiada por ríos e praias da provincia
A principal novidade da súa programación para este verán, consistente nunha ruta guiada polos ríos o praias da provincia nunha táboa de paddle surf ou nun kayak. A primeira sesión terá lugar o 8 de agosto polo río Deva, no concello da Cañiza, e hai un total de 104 prazas, 56 en kayak e 48 en paddle surf As mesmas distribúense en catro quendas (14
persoas no caso do kayak e 12 no paddle surf en cada unha delas).
DepoAuga está dirixido ás persoas amantes dos deportes da natureza e aventura. Poderán participar nestas travesías guiadas de aproximadamente unha hora e media de duración grupos de persoas maiores de 18 anos, ou menores (mínimo 12 anos) acompañados pola súa nai, pai, titora ou titor.
En caso de que se completen as prazas habilitarase unha lista de agarda (de ata un máximo de 50 persoas).
Despois desta ruta polo río Deva, a seguinte excursión do programa DepoAuga terá lugar o 28 de agosto no río Miño ao seu paso polo concello das Neves. A apertura das inscricións terá lugar o 9 de agosto.