Comarcas

O pavillón municipal do Rosal estreará un pavimento de última xeración

As obras teñen un custe de 48.000€

O pavillón municipal do Rosal estreará un pavimento de última xeración

O Concello do Rosal está a piques de rematar as obras de renovación do pavimento do pavillón municipal. Son uns traballos de mellora que permitirán “practicar deporte de xeito intensivo e seguro, diminuíndo o risco de lesións”.

Segundo indica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “debido ao grande uso do pavillón o pavimento atopábase deteriorado e non ofrecía as condicións óptimas de amortiguación para o uso deportivo”.

Colaboración Concello-Xunta

Estas obras leváronse a cabo a través do convenio de colaboración entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Como explica a alcaldesa estas actuacións “eran necesarias para poñer un pavimento que permitirá desenvolver calquera actividade deportiva con calidade”.

De última xeración

Para acometer as obras levantouse o pavimento anterior e colocouse un aeroelástico con acabado de madeira. O mesmo está composto por unha estrutura inferior sobre unha lámina de polietileno de galga estendida previamente sobre a soleira para evitar a penetración da humidade. Enriba sitúase unha estrutura de listóns de madeira e por riba unha lámina e as pranchas encargadas de recibir a carga e redistribuíla cara a estrutura aerolástica. Por último recolocarase o pavimento de PVC retirado.

Os traballos de mellora supuxeron un investimento total de máis de 48.000 euros financiados ao 80% pola Secretaría Xeral do Deporte e o 20% restante con fondos propios. 

También te puede interesar