Máis da cuarta parte da poboación galega está en risco de pobreza. Segundo a Enquisa de Condicións de Vida, publicada este xoves polo Instituto Naciona de Estatística (INE), ata o ano pasado había 693.900 galegos nesta situación-o 25,7%-, 37.800 máis que en 2019.
Esta porcentaxe é a maís alta en cinco anos e empeora en dous puntos. Ademáis, tamén aumenta o número de persoas con ‘carencia material severa’, ata o 5,2%, ainda que baixa do 11,9 ao 8,5% a porcentaxe de galegos que viven en ‘fogares con baixa intensidade de emprego’.
11.500 euros, a renda media en Galicia
Segundo o mesmo estudo, a renda media, por persona, en Galicia era o ano pasado de 11.469€, máis de 200 euros por riba dos 11.218 que había en 2019.
Pode que iso explique que o 37,4% das familias non pode irse de vacacións nin unha semana ao ano; o 28,1% delas non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos e que o 6,6% da poboación ten moita dificultade para chegar a fin de mes.