Galicia

Desmantelada para chatarra a planta de Varilongo que recibiu 600.000€ da Xunta a fondo perdido

Nunca funcionou e obtivo os cartos pese a varios informes en contra

Desmantelada para chatarra a planta de Varilongo que recibiu 600.000€ da Xunta a fondo perdido

Ecoloxistas en Acción denuncia que a planta de Varilongo, que recibiu máis de 600.000€ da Xunta a fondo perdido, desmantelouse para chatarra.

Os ecoloxistas, xunto con colectivos ambientais e veciñais denunciaron que carecía das preceptivas autorizacións.

A organización ecoloxista lembra que o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), dependente da Xunta achegara 645.855€ a esta planta de tratamento, que nunca chegou a funcionar.

Un proxecto de 2012

En outubro de 2012, o entón Director Xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces, “hoxe imputado por prevaricación ambiental”, aprobou o proxecto.

O feito é aínda máis grave, considerando que as intalacións aínda no estaban autorizadas. Ademáis, os informes do IGAPE consideraran o proxecto “cuestionable” e “de calidadd marxinal”.

Así o indicara o Consello de Contas de Galicia no seu “Informe de Fiscalización de Programas de I+D+i. Exercicios 2009-2010. Isto non impediu que o IGAPE concedese a subveción. A proba do despilfarro é que en 2013, a empresa mineira foi a concurso de acredores.

Todo para chatarra sen ter funcionado nunca

Na última semana a veciñanza de Santa Comba presenciou como se desmantelaban as instalacións, convertidas en chatarra.

“Ante as sospeitas de que a actuación non contaba coas preceptivas autorizacións da Xunta e do Concello de Santa Comba, presentáronse varias denuncias”.

A mesma empresa xa fora denunciada a finais de 2020 por verteduras con altas concentracións por metais pesados o que levou a Augas de Galicia a iniciar un expediente sancionador. No mesmo punto dos vertidos, o denominado “transveral Carballeira”, o propio Concello de Santa Comba tivera que iniciar outro expediente de reposición da legalidade urbanística, por realizar obras sobre vías públicas sen autorización.

“Corrupción e derroche de fondos públicos”

Para as organizacións denunciantes, o caso da planta de Varilongo é paradigmático da “corrupción e derroche de fondos públicos por unha administración cómplice das mineiras”.

Ecoloxistas en Acción teme que o uso inapropiado dos fondos europeos se repita agora cos fondos NEXT Generation de inxectarse novamente nunha “industria mineira totalmente especulativa e insostible”.

También te puede interesar