Galicia

A tartaruga atopada en abril en Cariño, volve ao mar

‘Nbego’ quedou atrapada nas redes dun pesqueiro e recuperouse en Nigrán

A tartaruga atopada en abril en Cariño, volve ao mar

A tartaruga mariña localizada en abril á altura do concello de Cariño foi liberada no mar. O animal completou a súa recuperación nas instalacións da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma).

Atrapada nas redes dun pesqueiro

O exemplar, ao que se puxo o nome de ‘Nbego’, fora localizado o pasado 20 de abril tras quedar atrapado nas redes do barco ‘Nuevo Begoña’. A rápida actuación do patrón, que desenmallou a tartaruga e deu aviso ao Cemma, foi clave para garantir a súa supervivencia.

Xa en terra, o equipo veterinario realizou varias probas que permitiron verificar que a tartaruga —que no momento do varamento medía 33 centímetros e pesaba 2.200 gramos— non sufrira consecuencias como resultado da súa captura.

Di Nigrán á Illa

Desde o seu ingreso na sede do Cemma ten instalada en Nigrán, o estado do
animal foi moi bo e de seguida comezou a alimentarse por si mesmo.

Posteriormente, nunha segunda fase, a tartaruga mariña foi trasladada ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), na Illa de Arousa, no que recibiu os coidados do profesorado e alumnado do centro.

También te puede interesar