Galicia Vigo al minuto

Feijóo, partidario de pedir PCR ou certificados de vacinación aos clientes da hostalería

Nos concellos con alta incidencia de contaxios

Feijóo é partidario de pedir PCR ou certificados de vacinación aos clientes da hostalería

O presidente da Xunta amosouse hoxe partidario de pedir PCR ou certificados de vacinación aos clientes de bares e cafeterías de concellos con alta incidencia de COVID.

Feijóo anunciouno hoxe en Ourense ao tempo que recoñeceu que hai unha “eclosión” de novos contaxios en persoas“de 15 a 30 anos”.

A culpa é do Goberno central

O titular do Goberno galego culpou da situación ao Goberno central por non facilitar vacinas para as persoas desta marxe de idade. Iso sí, non comentou a incidencia que podería ter a participación en festas ou botellóns.

“Que nestes momentos en España non teñamos vacinas para menores de 25 anos, é impropio dun país da Unión Europea”, sinalou. Ademáis, ao seu xuízo, o anuncio de que España acadaría o 18 de agosto a ‘inmunidade de rabaño” é “inadecuado e frívolo”.

A Xunta tomará decisións

O presidente adiantou que Sanidade tomará decisións considerando a situación epidemiolóxica. Isto parece adiantar o que podería suceder hoxe na reunión do Comité Clínico e subliñou que se aumentará o nivel de alerta aos concellos que están en “situación de alta intensidade contaxiosa”.

Hai que lembrar que o vicepresidente Rueda fixo declaracións na mesma dirección indicando que tamén se estudarían restricións no que se refire ás reunións, públicas e privadas.

Sí deixou craro o presidente que en Galicia non hai risco dun “colapso hospitalario”, ainda que sí hai un incremento no número de ingresos e de pacientes nas UCIs, “que nos preocupa”.

Te podría interesar