Galicia Vigo al minuto

O alcalde de Nigrán pide á Xunta imite ao Goberno e rebaixe a peaxe da AG-57

Tódolos tramos da AG-57 teñen un custe o que impide que funcione coma circunvalación do Val Miñor

O alcalde de Nigrán pide á Xunta imite ao Goberno e rebaixe a peaxe da AG-57

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a deputada nacional, Ángeles Marra, mantiveron un encontro para informar das diferentes axudas económicas que aprobará o Goberno central en beneficio dos concellos.

Estas forman parte do ‘Plan de recuperación, transformación y resiliencia’ con reformas e investimentos por importe de 70.000 millones –2.700 para a provincia de Pontevedra– entre 2021 e 2023.

Rebaixas na peaxe da AG-57

Ao respecto, o alcalde de Nigrán, trasladou os seus parabéns ao Goberno do por ter rebaixado os peaxes da AP-9 e reprendeu á Xunta por non dar ningún paso a prol da gratuidade da AG-57, autoestrada do Val Miñor, de competencia autonómica. 

“O goberno de España ven de aprobar unha rebaixa histórica na AP-9 que inclúe a gratuidade no tramo Vigo-Redondela, mentras que a Xunta mantén a discriminación aos veciños do Val Miñor”, sinalou.

Así, esta autoestrada do Val Miñor, da que o Grupo Itinere ten a concesión ata o ano 2045, ten un custo de 1’15 € no traxecto Baiona-Nigrán, 0’80 € Vincios- A Ramallosa ou 0’35 € Nigrán-A Ramallosa.

Coa rebaixa aprobada na AP-9, será máis caro, por exemplo, ir de Baiona a Vigo que de Vigo a Pontevedra.

“A Xunta non considera esta cuestión para o Val Miñor, é un agravio comparativo”, sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que o feito de que tódolos tramos da AG-57 teñan un custe impide que esta funcione como a verdadeira circunvalación que precisa o Val Miñor.

O goberno de Nigrán lembra que as circunvalacións das grandes áreas de Galicia son gratis, máxime cando unen cunha gran cidade. “A supresión é algo moi necesario para o día a día dos veciños do Val Miñor, pero é que ademais, no caso de Nigrán, resta competitividade ao Parque Empresarial Porto do Molle.

González engade que é a autoestrada AG-57 a que de xeito máis rápido e directo, conecta o Val Miñor con servizos básicos como o Hospital Álvaro Cunqueiro, a Universidade de Vigo, o Aeroporto de Peinador ou o Parque Tecnolóxico de Valadares. “Ir ao hospital ou á Universidade non pode significar para os nosos veciños un plus de desembolso con respecto a outras áreas”.

Te podría interesar