Cultura

A praia da Madalena se converterá durante dous días nun gran “parque canino”

Este sábado e domingo, 28 e 29 de agosto

Os próximos 28 e 29 de agosto ‘Xiracán’ encherá a praia canina de Cabanas de distintas actividades, obradoiros e música para concienciar sobre a importancia do coidado dos animais e do medio ambiente.

Será na primeira edición do ‘Festival Dog-Friendly Xiracán‘ que arranca cun dobre obxectivo: dunha banda converter ao Concello de Cabanas nun referente de “concello amigo dos cans”, como continuidade á posta en marcha da súa praia canina, que tanto éxito e aceptación ten.

Doutra banda trátase dun festival familiar, de concienciación dos valores
de respecto aos animais e ao medio ambiente
en xeral, e aos cans en
particular, ofrecendo ademais dúas xornadas familiares nunha contorna
privilexiada.

Recadación de fondos e alimentos

Ademais, este festival ten un compoñente solidario coa recadación de fondos e alimentos para as protectoras e refuxios de cans e gatos da zona, que ao igual que o resto dos do país están a atravesar un momento de saturación e falta de fondos para atender a inxente cantidade de cans que rescatan.

Sábado, 28

A xornada do sábado comezará as 12 da mañá coa presentación oficial presidida por Carlos Ladra alcalde de Cabanas ao mesmo tempo que comezarán os distintos obradoiros para os máis pequenos. A ambientación musical correrá a cargo do grupo “Alvila & Jose Esteban”.

Na xornada de tarde se sucederan diferentes actividades como obradoiros infantís, charlas, desfiles e exhibicións nos que calquera sea posuidor ou non dun can poderá participar.

Domingo, 29

O xornada do domingo arrincará cunha charla a cargo dun adestrador canino para seguidamente dar comenzo a unha andaina. Para participar nesta andaina será obrigatorio unha inscrición previa, no propio recinto, durante a xornada do sábado. Estableceranse grupos burbulla para o
cumprimento estrito das normas anti-covid.

Aqueles que non teñan can pero queiran participar nesta andaina, poderán se o desexan pasear aos cans das protectoras colaboradoras.

Tanto na xornada do sábado como na do domingo haberá instalado de xeito permanente un mercado solidario para a recadación de fondos para as protectoras Terracan e Arco da Vella.

Así mesmo o recinto disporá dunha zona de merendeiro cunha Food-Truck na que os asistentes poderán degustar todo tipo de bebidas e comida de calidade a prezos reducidos.

O ‘Festival Xiracan’ está organizado por RGM Eventos e conta co patrocinio do Concello de Cabanas e Supermercados GADIS e a colaboración de Eloa K9 adestradores caninos e Nordés Adestradores caninos, e todas as actividades serán de balde.

También te puede interesar