O Bloque Nacionalista Galego vén de solicitar a comparecencia da concelleira Elena Espinosa, na Comisión Informativa de Seguridade,
convocada para este mércores, para que dea explicacións en relación á situación de “caos” na que está sumido o servizo de bombeiros de Vigo.
Que o Goberno local “dea a cara”
Xabier P. Igrexas, concelleiro do Bloque, xustificou a necesidade desta
comparecencia para que “o Goberno de Abel Caballero dea a cara e responda das graves deficiencias que se están a producir no servizo de bombeiros e que provocan un evidente risco para a seguridade das viguesas e vigueses”.
“Constante incumprimeto do número mínimo de efectivos”
O portavoz municipal nacionalista lembrou que no que vai de verán “foi unha constante o incumprimento do número mínimo de efectivos en activo para cada xornada” e que se sucederon os feches do parque de Coruxo provocando “unha evidente desprotección para a metadade do territorio da cidade”.
Igrexas solicitou a comparecencia da concelleira delegada de Seguridade non só para esixir “información veraz e transparente” sobre a situación real dos bombeiros senón, sobre todo, para demandar que o Goberno actúe “xa” para evitar que esta situación “de total e absoluto caos nun servizo de emerxencia” continúe.