Un incendio forestal afecta a unha superficie de máis de 140 hectáreas na parroquia de Nogueira, no concello lucense de Ribas de Sil. Segundo datos de Medio Rural, o lume, que non está controlado, iniciouse este domingo, pasadas as 9 da noite.
Dende entón, mobilizáronse dous técnicos, nove axentes, 14 brigadas e 15 motobombas.
Denuncia, chama ao 900 815 085
A Consellería do Medio Rural piden a calquera que vexa un incendio que alerte ao 085 e que se quere denunciar calquera acción incendiaria hai un teléfono anónimo e gratuito: o 900 815 085.