Comarcas

Pacientes de ‘alto risco’ recibirán unha dose máis da vacina contra a COVID

Persoas transplantadas e enfermos tratados con anticorpos monoclonais

A Comisión de Saúde Pública, na que se atopan representadas todas as comunidades e o Ministerio de Sanidade aprobou administrar unha dose adicional da vacina contra a Covid-19 a persoas en situación de grave inmunosupresión.

Esa terceira dose sería, en principio, para pacientes considerados de ‘alto risco’: transplantados e enfermos tratados con anticorpos monoclonais, empleados para combater algúns casos de cancro.

Deste xeito, á espera de que se decida sobre o caso de enfermos oncolóxicos, con VIH e anciáns, séguense as recomendacións do Grupo de Traballo Técnico de vacinación COVID-19 (GTT), sobre a oportunidade de completar a pauta de vacinación cunha dose adicional.

Os estudantes vacinados non terán que facer corentena

A Comisión de Saúde Pública deu o visto bo aos cambios na actuación cando xurdan casos de COVID-19 en centros educativos.

Así, non deberán gardar corentena os contactos estreitos que teñan postas todas as vacinas ou superasen a COVID nos 180 días anteriores.

También te puede interesar