Galicia

Este ano, Salceda repartirá 30.000€ entre as comunidades de augas

A alcaldesa, Verónica Tourón, subliña que estas axudas revertirán nun mellor servizo á veciñanza do rural

Este ano, Salceda repartirá 30.000€ entre as comunidades de augas

O Concello de Salceda de Caselas vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOPP) as bases  das subvencións dirixidas ás comunidades de persoas usuarias de augas para o ano 2021, co obxectivo de que melloren as súas instalacións.

Poderán ser beneficiarios destas axudas aquelas asociacións de persoas usuarias de augas legalmente constituídas, mediante un proceso de concorrencia competitiva. O obxecto da convocatoria é subvencionar obras, adquisición de materiais, man de obra ou equipamentos asociados a melloras en diversas áreas de actuación, como a captación de fontes e pozos, o mantemento e conservación dos sistemas de almacenamento e a potabilización, reparacións na rede de distribución ou o mantemento e conservación de instalacións.

Ata 5.000€ por comunidade de augas

As entidades beneficiarias poderán recibir como máximo o 70% do orzamento presentado e ata un máximo de 5.000€ por Comunidade de augas.

A publicación fíxose o 7 de setembro e o prazo de presentación de solicitudes son 15 días dende o día seguinte da publicación.  A convocatoria completa pode consultarse aquí: Base de Datos Nacional de Subvencións.

Rubén González Coto, concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente asegura que “cooas achegas para este ano 2021 queremos axudar as nosas traídas a mellorar os seus servicios e a calidade das mesmas”.

Pola súa banda a alcaldesa, Verónica Tourón, subliña que “por primeira vez, Salceda conta con 30.000€ no seu orzamento para subvencións a traídas de augas parroquiais, estou convencida de que estas axudas revertirán nun mellor servizo á veciñanza do noso rural”.

También te puede interesar