1.913 persoas sen cita precia vacináronse en Vigo este sábado pasado, segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS), en total, acudiron ao IFEVI 2.403 persoas, das que 490 sí foran citados a vacinarse.
No conxunto de Galicia, 7.923 persoas vacináronse sen cita previa e 3.008 con cita.
Por centros de vacinación, Expocoruña recibiu a 2.184 persoas sen cita; IFEVI 1.913; a Cidade da Cultura de Santiago, 1000; o Recinto Feiral de Pontevedra, 896; Expourense, 856; o Hospital Lucus Augusti , 691 e a Escola Politécnica Superior de Ferrol, 383.
Como informara vigoalminuto, o luns e martes -13 e 14 de setembro- haberá tamén puntos de vacinación en todos os campus universitarios de Galicia. A Xunta estima que aínda quedan sen vacinarse contra a COVID uns 200.000 galegos.