Comarcas

Comezan os traballos de limpeza das beiras dos treitos urbanos dos ríos de Redondela

As labores se desenvolven no Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras

Comezan os traballos de limpeza das beiras dos treitos urbanos dos ríos de Redondela

O Concello de Redondela, a través dunha empresa especializada en limpezas ambientais, baixo a coordinación da Concellería de Medio Ambiente, está a desenvolver traballos de limpeza das beiras nos treitos urbanos dos ríos.

As labores céntranse, nestes días, nas beiras do Pexegueiro Alvedosa e Maceiras para, o vindeiro luns, realizar ditos traballos nos ríos Fondón e Maceiras da parroquia de Chapela.

Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, os traballos, dado que se realizan a través dunha empresa especializada nestas labores, “efectúan a limpeza cun estrito cumprimento de todas as normas de coidado medioambiental tanto da flora como da fauna”.

Pola súa banda, a alcaldesa Digna Rivas, lembrou que o feito que se traballe nos treitos urbanos “responde a que o Concello carece de competencia fora desas marxes xa que pasa a ser competencia única e exclusiva de Augas de Galicia“.

De feito, engade Rivas, “no 2017 o Tribunal Supremo estableceu que a competencia na conservación ordinaria dos treitos urbanos dos ríos é dos Concello e no 2019 a Xunta publicou unha instrución nese sentido e reservando a Augas de Galicia a limpeza nos treitos interurbanos”.

En todo caso, a rexedora redondelá lembrou que, tal e como está demostrado, “a limpeza das beiras e canles diminúe o risco de riadas e inundacións”. “O certo é que en inverno estánse a producir episodios de choivas cada vez máis torrenciais e é complicado impedir as riadas, pero unha axeitada limpeza dos ríos reduce moito os danos causados polas mesmas”.

También te puede interesar