O Concello de Nigrán informa que, como consecuencia da execución de traballos de mantemento na rede de distribución de auga por parte da empresa concesionaria, Aqualia, é preciso realizar unha suspensión temporal do subministro este xoves 23 de setembro de 22:00 a 03:00 horas.
Este corte afectará as seguintes rúas: Arquitecto Palacios, Baiona A Real, Cidade de Vigo, Paseo Marítimo, Jesús Espinosa, Alvaro Mourelle, Gaifar, Rúa do Regueiro, Camiño da Gaivota, Rúa Veiga de San Xoán, Camiño da Costa, Rúa Gondomar, As Barrocas e Fenales.
O Concello lamenta as molestias que poida causar este traballo para a mellora do servizo.