O Concello de Nigrán ven de habilitar o seu segundo espazo específico de esparexemento para cans do municipio (o primeiro está na Ramallosa) no núcleo urbano de Nigrán, nunha parcela municipal fronte a nova Biblioteca, en Estrada pola Vía.
Os cans poderán ir soltos
Este ocupa 350 metros cadrados en forma cuadrangular e están pensado para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa. A superficie, de céspede natural, está sendo delimitada cun peche perimetral de malla metálica ríxida para garantir que os cans non escapen.
Ademais, dotarase a zona de sanecáns para depositar os excrementos e, máis adiante, de bancos e elementos de distraccións específicos para este animais.
Un panel informativo indica as normas de uso, que inclúen a recollida obrigatoria de excrementos ou que estexa sempre vixiado polo seu dono. O parque foi realizado por operarios municipais e requiriu de moi pouca intervención, xa que o Concello optou por reconvertir esta zona de xardín infrautilizada neste novo uso.
“Trátase dunha zona moi urbana onde había demanda por parte dos veciños dun espazo específico para cans”, explica o alcalde