Comarcas

A Deputación recolleu no que vai deste ano 53 vehículos abandonados

O 95% das súas pezas son reutilizadas ou recicladas

A Deputación recolleu no que vai deste ano 53 vehículos abandonados

No marco da súa aposta medioambiental e de apoio aos concellos, a Deputación de Pontevedra presta desde o ano 2015 o servizo de retirada de vehículos abandonados ou fóra de uso aos municipios de menos de 50.000 habitantes, ao que neste momento están adheridos 45 concellos.

De xeito gratuito

Esta prestación, que é de competencia municipal, ofrécese de xeito gratuíto aos concellos, “porque é fundamental loitar contra a contaminación ambiental e tamén contra a visual”, como destacou a presidenta provincial Carmela Silva.

No que vai deste ano 2021, xa se retiraron 53 vehículos a través deste servizo, que consiste na recollida ao final da súa vida útil ou fóra de uso para o que previamente os concellos deben tramitar a súa declaración como residuo sólido urbano así como o posterior tratamento de descontaminación.

Reutilizados e reciclados ao 95%

Neste senso, Carmela Silva lembrou que precisamente estes vehículos “xeran millóns de toneladas de residuos, pero cando se recollen, estes restos poden reutilizarse e reciclarse ata o 95%”. “Iso é o que facemos –subliñou-, estamos a apostar pola economía circular”.

También te puede interesar