Galicia

A Guarda conta cun novo escenario de plataforma para eventos culturais

Incorpora 150 cadeiras plegables

A Guarda conta cun novo escenario de plataforma para eventos culturais

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de mercar un escenario de plataforma baixa e 150 cadeiras grazas ao remanente do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra por un valor de 11.912,14€.

Este novo equipamento ven a cubrir necesidades específicas de certos eventos culturais motivadas pola pandemia da COVID-19, para mellorar a calidade técnico-artística de numerosos eventos que se celebran ao longo do ano na vila da Guarda.

48 metros cadrados

O escenario é un GUIL modular cunhas dimensións máximas de 48m2 (8x6m) con patas telescópicas regulables en alturas comprendidas entre os 40 e 60 centímetros, que permiten adaptalo a diferentes espazos.

150 cadeiras plegables

En total mercáronse a través desta subvención un total de 150 cadeiras plegables con 3 carros para o seu transporte, o que facilita o seu traslado e uso en eventos culturais.

Esta adquisición, sinalan dende o Concello, “permitiu achegar ao público diferentes formatos culturais, amais de dispor dunha nova plataforma que mellorou a conexión entre o público e os artistas”.

También te puede interesar