Galicia Vigo al minuto

Volven as mobilizacións en Barreras

A CIG clama pola readmisión do seu delegado no comité do astaleiro e contra a represión sindical

Volven as mobilizacións en Barreras

A Unión Comarcal da CIG de Vigo e a federación de Industria retomaron as mobilizacións para esixir a readmisión de Rafa Pérez, o seu delegado no comité de empresa de Hijos de J. Barreras SA, cunha concentración, este mércores, diante do asteleiro.

Este nova protesta chega despois da celebrada o pasado mes de agosto coincidindo co acto de conciliación no SMAC, que rematou sen acordo porque Barreras non puxo sobre a mesa a readmisión do compañeiro, polo que o xuízo na que a central sindical reclamará a nulidade do despido terá lugar no mes de xaneiro.

«Argumentos falsos»

Para xustificar a súa decisión, a empresa imputáralle dúas faltas por presunto abandono do posto de traballo e por ter supostamente facilitado o acceso ás instalacións para realizar unha ocupación simbólica do estaleiro, o pasado 27 de maio, poñendo en perigo os compañeiros/as por incumprir o protocolo covid.

Cuestións que o propio Pérez afirma que «son absolutamente falsas e que a empresa inventou para despedilo», nun claro caso de represión sindical, xa que tal e como lembra o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, “o despedimento responde ao intento de amedrentar, de querer calarnos a boca ante a crise que atravesa o sector naval na comarca de Vigo e a nosa esixencia ás administracións de que actúen para evitala”.

O representante da CIG en Barreras recibiu a comunicación do despedimento o pasado 2 de xullo por correo electrónico e mediante burofax. Comunicación na que, ademais, a empresa indicaba que
lle restrinxía o seu acceso ás instalacións.

Por iso, dende a central sindical anuncian que esta non será a última mobilización que van convocar «en demanda da súa readmisión, contra a represión sindical en Barreras e para reclamar das administracións que interveñan para frear a crise que azouta o sector naval da ría de Vigo«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.