Galicia

O BNG denuncia que Naturgy volve deixar sen luz a varias parroquias de Gondomar

A falla afectou a Chaín, Couso, Morgadáns e Peitieiros desde ás 21:30h até ás 3 e media da mañá

O BNG denuncia que Naturgy volve deixar sen luz a varias parroquias de Gondomar

O BNG denuncia que, «unha vez máis», Naturgy deixou sen luz a varias parroquias de Gondomar. A falla de corrente de 6 horas afectou a Chaín, Couso, Morgadáns e Peitieiros desde ás 21:30h do sábado, até ás 3 e media da mañá. Ás 12h da mañá do domingo o servizo de atención ao cliente da empresa eléctrica aínda non sabía informar da causa da falla de subministro.

Veciñas e veciños temen que esta vaia ser, novamente, a tónica xeral do subministro eléctrico na zona en días de chuvia e vento, como nos últimos 20 anos. «Porque aínda a que a indignación e a mobilización veciñal, tras a situación vivida nos días de noiteboa e nadal do ano pasado, conseguiran o reforzo da capacidade do tendido eléctrico nestas parroquias, se a empresa subministradora non pon dunha vez solución que evite ás avarias que se producen nas liñas de alimentación, seguiremos a padecer os continuos cortes dun servizo básico«, indica a portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez.

Grandes prexuíxos aos veciños

A falla de electricidade provoca grandes prexuízos nos domicilios particulares: non se poden utilizar respiradores ou outros aparellos necesarios para os coidados de persoas dependentes, nin os electrodomésticos ou ordenadores, impide nalgúns casos dispoñer de auga corrente e/ou quente, calefacción ou conexión a Internet, provoca danos en aparellos ou en alimentos conxelados. É tamén un gran agravio para as persoas que traballan dende a casa e para comercios e empresas, xa que lles impide realizar a súa actividade con normalidade, ademais de provocarlles perdas.

O prezo da luz un 545% máis caro

«É indignante que cando o BNG propónmedidas como o soterramento das liñas que atravesan o monte, para evitar as avarías producidas polas caídas de árbores sobre elas ou polo impacto de pólas e cascas, a resposta sexa sempre a mesma: é moi caro», denuncia a concelleira nacionalista. «E logo vemos como en 2020, en plena pandemia, as eléctricas obtiveron  beneficios (beneficios, non ingresos) multimillonariosNaturgy 490 Millóns de euros, Endesa 1.394, Iberdrola 3.610.»

A indignación é aínda maior cando «chegan as facturas da luz cuns prezos de estafa«. E xustamente o sábado foi o prezo da luz máis caro da historia, 173,65€ o Mwh, un 545,77% máis que hai un ano.

Por todo isto, o BNG de Gondomar instará, máis unha vez, aos gobernos da Xunta e do Concello a realizaren urxentemente as actuacións precisas para que a empresa subministradora solucione dunha vez este agravio á veciñanza das parroquias afectadas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.