É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA próxima semana Galicia dirá ‘adeús’ á situación de emerxencia
Xa dura máis de ano e medio
O Comité Clínico que asesora á Xunta na xestión de pandemia, aprobará o martes que vén, case con total seguridade, o fin da emerxencia sanitaria na que está Galicia dende marzo de 2020, hai máis de ano e medio.
Máscara e distancia seguirán vixentes
A nova anticipouna o presidente Feijóo quen adiantou que as medidas básicas de proteción contra o virus seguirán vixentes– o uso de máscara no interior de recintos e locais públicos, e o mantemento da distancia interpersoal de seguridade.
“Cautela”
Todas as demáis é previsible que desaparezcan, entre elas o aumento dos aforamentos. Iso sí, Feijóo insistiu en que é necesario seguir tendo “cautela” e subliñou que a decisión final axustarase ao que diga o Comité Clínico.
Pode haber marcha atrás
O xefe do Executivo galego repetiu que estas medidas que agora van no camiño de volta á normalidade anterior á COVID, poden ter marcha atrás se a situación epidemiolóxica o recomenda. Por iso ,insistiu, hai que manter a “prudencia” e seguir coas medidas hixiénicas e de autoprotección.