O documental, producido por Ecoloxistas en Acción e realizado por Urco Produccións, narra os catro anos da loita dos comuneiros de Tameiga para defender o seu monte.
Cidade deportiva do Celta e centro comercial
A historia abrangue desde finais de decembro do anos 2017 cando Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, anunciaba o proxecto de cidade deportiva do Celta e macro centro comercial, “coma un feito consumado ata a actualidade na que a Xustiza declarou ilegal a cidade deportiva e diferentes organismos públicos informaron desfavorablemente sobre os plans para construir o macro centro nos montes comunais de Tameiga”.
A narración do longametraxe aborda a historia de xeito cronolóxico e vai construindo o relato do sucedido mediante entrevistas aos membros das directivas das asociacións que forman a Plataforma A auga é vida, as forzas políticas que denunciaron o “pelotazo urbanístico” e a integrantes da propia Ecoloxistas en Acción vinculados coa loita da veciñanza comuneira por preservar o monte. No documental rescatanse antigas imaxes das mobilizacions que misturanse coas entrevistas.
“Fouteza e tesón”
Coa realización desta testemuña audiovisual, “Ecoloxistas en Acción pretende destacar a exemplar loita pola defensa do ben común da veciñanza de Tameiga para que a súa fouteza e tesón sexan inspiradoras para a veciñanza doutros lugares onde o ben común está ameazado pola cobiza duns poucos”.