Galicia

O coruñés Miguel Corgos, novo conselleiro de Facenda

Substitúe a Valeriano Martínez, que morreuo pasado día 6

O presidente da Xunta vén de nomear novo conselleiro de Facenda e Administración Pública a Miguel Corgos López-Prado.

Corgos substitúe a Valeriano Martínez, que morreu o pasado día 6. Ata o momento e desde 2009, Corgos ocupa o cargo de director xeral de Orzamentos – desde decembro de 2012 director xeral de Planificación e Orzamentos- do mesmo departamento.

O novo conselleiro tomará posesión do seu cargo o próximo luns, 18 de
outubro, tras a publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Miguel Corgos López-Prado (A Coruña, 1971) é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais na especialidade de “Económicas. Economía financeira” pola Universidade da Coruña (UDC).

Ademais, é máster en Administración Financeira e Tributaria (UDC) e posgrao en Auditoría de Contas (UDC-REA). Do mesmo xeito, realizou o curso da escala superior de finanzas na especialidade de intervención (Xunta de Galicia), o de escala superior de finanzas na especialidade de inspección e xestión tributaria (Xunta de Galicia) e ten o Diploma de directivo da Xunta de Galicia (Escola Galega de Administración Pública).

También te puede interesar