A columna de dióxido de xofre (SO2) procedente do volcán Cumbre Vieja na illa de La Palma, que está sendo vixiada polos especialistas da Xunta, atópase este mércores sobre Galicia e Portugal.
O Goberno galego apunta a que o risco actual é case inexistente e non creará risco algún posto que desprázase cara ao nordés e deixará a Comunidade este mércores.
Niveis normais
Os niveis detectados onte e durante todo o día de hoxe, son totalmente normais, ainda que seguirán monitorizandose, en tempo real todos os contaminantes procedentes do volcán.
Chega unha borrasca
A columna de sióxido de xofre (SO2) verase arrastrada pola borrasca que entrará en Galicia dende esta medianoite. Segundo a previsión de MeteoGalicia, chega dende o Atlántico e deixará choivas persistentes nas provincias de A Coruña e Pontevedra.
Durante a xornada, as temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. A máxima será de 24 graos en Ourense, mentres que A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Vigo, non pasarán de 21, cunha mínima de 17, que será a máxima que se agarda en Compostela.