O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comeza este luns, 25 de outubro, a poñer a vacina da gripe a persoas de 65 ou máis anos de idade e usuarios e traballadores de residencias.
De 60 a 65 anos
Dentro de dúas semanas, dende o día 15 de novembro, seguirán as galegas e galegos de 60 a 65 anos, así como aos menores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas, prematuros, persoal de servizos esenciais, profesionais con exposición laboral como traballadores de granxas avícolas e porcinas, e persoal de farmacia.
Ata o día 31 de decembro
Como informara vigoalminuto, do 29 de novembro ao 31 de decembro, se estenderá ao resto da poboación diana, así como os convivientes de persoas de risco.
Dous tipos de vacina
Este ano haberá dous tipos de vacina: por unha banda administrarase a vacina trivalente adxuvada de antíxenos de superficie inactivados ás persoas de 65 ou máis anos e outra de alta carga tetravalente para maiores de 60 que viven en residencias.
900 puntos de vacinación
Para vacinarse, estarán habilitados 900 puntos en centros de Atención Primaria e hospitais do Sergas; centros médicos e consultas privadas e residencias de maiores, entre outros.