Comarcas

Redondela abre axudas para autónomos e PYMES afectadas pola pandemia

Son 85.200€ con cargo ao Plan Concellos da Deputación

O Concello de Redondela, en colaboración da Deputación de Pontevedra, tiene en marcha unha nova liña de subvencións –a terceira dende que comezou a pandemia da Covid-19– para paliar a diminución ou paralización de actividade que a crise sanitaria provocou a traballadores/as autónomos/as, microempresas e pequenas empresas con domicilio fiscal e local comercial no termo municipal de Redondela.

Plan Concellos

A Deputación aprobou no seu momento para Redondela, dentro da liña 2 do Plan Concellos, 85.200 euros que agora o Concello destinará aos sectores máis afectados pola pandemia que poderán financiar gastos de alugamento, cota de persoas traballadoras autónomas, a electricidade e os seguros. O prazo de solicitude rematará o vindeiro 5 de novembro.

Trátase, explica a concelleira de Comercio, María Castro, de “continuar adoptando medidas que permitan paliar o impacto económico provocado pola Covid-19 e que contribúen a preservar o tecido económico redondelán“. De feito, a nova liña de subvencións, insiste, “non deixa de ser un xeito de protexer os intereses xerais da veciñanza de Redondela “ao dar soporte ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e pequenas empresas”.

Toda a información sobre os requisitos, prazos e documentación necesaria para poder acceder a estas axudas pódese consultar no BOPPO nº 201 do 19 de outubro.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que agradeceu “a colaboración e sensibilidade que a Deputación amosou sempre con este municipio”, lembrou que “esta e a terceira liña de subvencións que o Concello pon en marcha dende o inicio da pandemia da Covid-19 coa clara intención de axudar a persoas traballadoras autónomas e pequenas empresas que, xunto coa hostalaría, foron os sectores aos que a situación epidemiolóxica golpeou máis duramente”.

También te puede interesar