Cultura Vigo al minuto

O BNG pedirá que o Congreso rexeite o uso pexorativo da expresión ‘Galicia profunda’

Empregada pola xuiza María Belén Ureña Carazo para denegarlle a unha muller a custodia da súa filla

O deputado do BNG Nestor Rego

O Bloque Nacionalista Galego pedirá que o Congreso dos Deputados apoie, por unanimidade, unha declaración institucional rexeitando o uso «pexorativo» da expresión «Galicia profunda» Así o anunciou Néstor Rego, deputado do BNG, hoxe en rolda de prensa na que lembrou que unha declaración semellante xa está aprobada polo Parlamento de Galicia.

Rego sinalou «os prexuízos e estereotipos» nos que incurriu a xuíza María Belén Ureña Carazo cando otrogou a garda e custodia dun neno de 13 meses ao pai sinalando no seu fallo o que cualificou de intención «deplorable» da nai do pequeno por levalo a un pobo da «Galicia profunda».

«Galegofobia e clasismo»

Esta ‘magistrada’, xa denunciada pola nai do cativo, apuntaba que Marbella, onde vive o pai do pequeno, «ofrece múltiples posibilidades para o adecuado desenvolvemento da personalidade dun neno e para que creza nun ambiente feliz«, fronte á «pequenísima poboación na Galicia profunda» onde vive a nai, que está «lonxe de todo».

 Para o deputado Néstor Rego esta expresión da xuiza denota a súa «galegofobia e clasismo», e o seu fallo, lamentable e indefendible, «unha potencial vulneración de dereitos dunha persona«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.