Ciencia y Tecnología Destacados

Veciños de Teis piden ao alcalde que amose o proxecto da biblioteca prometida durante 6 anos

Lembran que hai en 2020 comprometeuse a iniciar as obras en 2021 e rematalas en 2022

Manifestación Biblioteca Teis Vigo

O xoves 21 de outubro os colectivos de Teis, encabezados polas ANPAS, convocaron unha concentración ante o antigo Ambulatorio, apoiando a construción dunha biblioteca para o barrio e insistindo na características mínimas que está debía ter.

O alcalde garante unha “grande e magnífica biblioteca para Teis”

A resposta do Concello non se fixo agardar e ao día seguinte o alcalde garantía que Teis tería “unha grande e magnífica biblioteca”, logo de tirar o edificio actual e construir outro, dado que o antigo ambulatorio está moi deteriorado e non vale para esta dotación.

Declaracións do alcalde, o pasado venres, día 22, sobre a biblioteca de Teis

Unha “promesa repetida durante 6 anos”

Ante as declaracións de Abel Caballero, os veciños de Teis danse a noraboa ainda que aclaran que “as súas palabras palabras serían suficientes se non fora porque xa vai para seis anos que manifestou o mesmo, e máis recentemente asegurou o inicio das obras no 2021 e a súa inauguración no 2022“.

A estas alturas, sinalan dende a Asociación de Veciños de Teis, “seguimos sen ter novas da súa licitación e do seu proxecto (pese a ter sido solicitados en numerosas ocasións)”.- Así memo cualifican de “inoportuna e desacertada” a intención do alcalde de desacreditar a concentración dos veciños cunha organización política [o BNG], tentando de deslixitimar a demanda de todo un barrio”.

Os responsabéis da Asociación veciñal subliñan que as persoas que acudiron á manifestación “non son máis que veciños e veciñas do barrio que se moveron co único obxectivo de apoiar a construción desta biblioteca e demandar que o barrio sexa escoitado e tido en conta”.

Polo que respecta ao anuncio de Abel Caballero, os veciños alégranse de que confirme públicamente a construción desta biblioteca, “pero resúltanos insuficiente a estas alturas se non se nos traslada a documentación suficiente que así o asegure e se nos escoite como barrio nas demandas que temos sobre esta infraestructura”.

Te podría interesar