Comarcas

O Concello de Redondela remata a mellora do Camiño da Carballeira, en Cedeira

As obras contaron cun investimento de 16.897,77 €

Camiño Carballeira Cedeira

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras, deu por rematados os traballos de mellora de firme e xestión de augas pluviais no Camiño da Carballeira, na parroquia de Cedeira. Os traballos, realizados ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, contaron cun investimento de 16.897,77 euros (IVE incluído).

O camiño contaba cunha superficie de rodadura en aglomerado e formigón moi deteriorada, o que supuña un evidente risco para a seguridade das e dos usuarios. Os traballos realizáronse nun treito de algo máis de 178 metros cunha anchura media de 3,79 metros.

Pluviais e entubado

Para a mellora do firme foi precisa a demolición de recrecidos en formigón para poder nivelar a superficie sobre a que, posteriormente, estendeuse e compactouse unha capa de rodadura de 6 centímetros de espesor con mestura bituminosa en quente.

Tal e como figuraba no proxecto, as obras incluíron tamén a xestión das augas pluviais co entubado das mesmas e dotando as zonas das correspondentes arquetas de rexistros.

As actuacións forman parte das labores de mellora e adecuación da rede viaria municipal de cara a facilitar a mobilidade da veciñanza e garantindo as condicións de seguridade tanto para vehículos e peóns.

También te puede interesar