Cultura Destacados

Amancio Prada, en concerto en Tui

Este martes, día 2 de novembro, ás 20:30h. no Teatro Municipal

Amancio Prada, en concerto en Tui

Un percorrido pola súa discografía galega será o que ofreza o cantautor Amancio Prada o próximo martes, 2 de novembro, no Teatro Municipal de Tui. O concerto comezará ás 20.30 h. As entradas, aos prezos de 8€ e 6€, pódense mercar en www.tui.gal até 10 minutos antes do inicio do espectáculo.

De Rosalía a Lorca e de Tui a Moscú

Dende 1974, Amancio Prada ten musicado, cantado e gravado a obra da gran poeta galega Rosalía de Castro ofrecendo concertos dende Santiago a París, Barcelona, Granada, La Habana, Oviedo ou Moscú. Ao longo da súa carreira ten musicado tamén poemas doutros autores coma Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro, Juan de la Cruz, Teresa de Jesús, Agustín García Calvo, Antonio Pereira, Juan Carlos Mestre ou Gustavo Adolfo Bécquer.

Programa

O programa do concerto “O camiño do meu contento” configúrase en base a toda a discografía galega do artista: Vida e Morte (1974); Rosalía de Castro (1975); Caravel de Caraveles (1976); Lelia Doura (1980); A dama e o cavaleiro (1987); Rosas a Rosalía (1997) xunto a Real Filharmonía de Galicia; Coplas de mar e terra (1999); Rosalía, siempre (2005); Federico García Lorca, poeta en Galicia (2013) e Resonancias de Rosalía (2014).

También te puede interesar