Despois dun mes de outubro no que o Auditorio e Palacio de Congresos Mar de Vigo recuperou a intensidade da súa programación cultural previa á pandemia, coa celebración da primeira edición do Festival Bluefest e as localidades esgotadas nas dúas funcións de ‘Recuérdame, el Musical de Coco’, as estreas de discos e concertos exclusivos animan o peche da axenda de 2021 e anticipan un 2022 realmente prometedor.
Love of Lesbian
A primeira gran confirmación será a actuación de Love of Lesbian na noite do sábado 11 de decembro, no que supón o seu regreso a Vigo despois de que no verán de 2020, arrasaran no Festival TerraCeo, a onde chegaron cun formato reducido, e esgotaron en poucos días todas as entradas nas dúas actuacións programadas. Esta actuación de Love of Lesbian súmase ás xa anunciadas no Mar de Vigo de Los Zigarros, Mikel Erentxun e The Eels.
O grupo catalá é unha das bandas de referencia, creadora dalgúns dos mellores himnos do indie nacional e a banda con máis proxección en Latinoamérica ata o momento. En activo desde 1997 e con nove álbums de estudo ás súas costas, presenta este ano unha xira exclusiva de Auditorios e ofrecerán no Mar de Vigo un dos primeiros concertos enmarcados na xira de presentación do seu novo traballo ‘V.E.H.N. (Viaje épico hacia la nada)’, a esperada continuación do exitoso ‘El poeta Halley’, o disco co que ademais foron nominados aos Grammy Latino en 2017.
Momentos Alhambra
Pero antes, a semana que vén celebrarase una nova edición do ciclo de concertos Momentos Alhambra Acustiquísimos. Será na súa Edición Atlántica 2021, os días 12 e 13 de novembro, cun gran cartel: Travis Birds e Mr. Kilombo. Serán dúas sesións irrepetibles, en formato íntimo e para público reducido no hall do Mar de Vigo,, que servirá como carta de presentación das últimas novidades discográficas dos artistas. Ademais, estarán acompañados pola ilustradora Eva Agra, que plasmará sobre o papel cada actuación.
Los Zigarros e Mikel Erentxun
Xa 4 de decembro volverá sonar de novo a música en directo no hall da man dunha das bandas valencianas imprescindibles dentro do panorama actual máis rockeiro. Los Zigarros, son adrenalina, paixón nun potente show acompañado de imaxe e actitude, confirmando que son materia obrigatoria de primeiro de r&r. O 22 de xaneiro regresa a Vigo un dos artistas máis relevantes do panorama estatal e cunha traxectoria impecable, como é Mikel Erentxun, que volve con toda a súa banda, en eléctrico, para darlle unha nova vida a unha selección de cancións míticas, que inclúe este proxecto especial… ‘Amigos de Guardia’. Coincidindo con este disco, tamén continúan os recoñecementos á súa súa traxectoria co merecido Premio Ondas 2021 pola súa carreira, concedido hai uns días.
The Eels
E xa ben entrada a primaveira do ano que vén, The Eels farán escala o 12 de abril coa súa xira Lockdown Hurricane presentando nunha data única en Galicia, o seu décimo cuarto álbum: ‘Extreme Witchcraft’, cuxa saída ao mercado está prevista para finais de xaneiro de 2022 e do que xa se pode escoitar un primeiro adianto: ‘Good Night On Earth’. Coescrito e producido, ademais, por John Parish, guitarrista e produtor de PJ Harvey.
As entradas para estos eventos están á venda en Teuticket.com