Destacados Vigo al minuto

Aceptamos centola como animal de compañía

Este domingo empeza a campaña extractiva, xunto a do boi, e estarán o luns na lonxa

Aceptamos centola como animal de compañía

A campaña extractiva da centola comeza este domingo nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van de cabo Corrubedo ata A Guarda e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares, o inicio da actividade das distintas artes réxese polo establecido no decreto que regula en Galicia as artes, aparellos, útiles equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos. A frota que se dedica á extracción desta especie pode levar as súas capturas á lonxa o vindeiro luns.

O inicio da veda do ano 2022, que se fixará a través do correspondente plan de xestión, determinará o fin desta campaña que no caso da costa que vai de cabo Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a ría do Barqueiro, na provincia de Lugo, comezará o 28 de novembro.

Tamén a do boi en todo o litoral galego

O Executivo galego tamén abre mañá a campaña extractiva do boi en todo o litoral de Galicia, polo que a frota dedicada á captura desta especie pode calar os aparellos de acordo co establecido no decreto de artes e aparellos e levar as súas capturas á lonxa o vindeiro luns.

A actividade manterase ata o inicio da veda do próximo ano, que quedará fixada no correspondente plan de xestión.
A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, á que se lle engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo.

Poderán participar na campaña todas as embarcacións de artes menores e con porto base en Galicia así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

También te puede interesar