Este sábado día 20, podes gozar dun tradicional magosto e boa música en Salvaterra
Este sábado día 20 no Mercado de Salvaterra, o SCD-Condado, organiza un magosto, onde non faltará a boa música e actividades para a cativada.
Ás 17:00 horas haberá unha festa infantil da man de Brais das Hortas, ás 18:00 horas comeza a hora da papatoria onde podes degustar as ricas castañas, acompañadas dun viño e chourizos, logo a noitiña ás 21:30 o grupo Blues do País, formado por Bieitta James e Pepe King dará un concerto no Vagalume café, a entrada é de balde ata completar aforo.
Sábado 20 ás 17 horas no Mercado en Salvaterra “Magosto con son de Blues do País”