O aumento dos casos de COVID en 1.500 novos positivos só nunha semana, estará no centro da reunión de hoxe entre a Xunta e os hostaleiros.
Certificado COVID
Na mesma, é posible que o Goberno de Galicia -representado polo vicepresidente Rueda e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña- propoña extender o requisito do ‘Certificado COVID’, tamén á actividade diurna do sector. Esta medida sería, precisamente, para non ter que variar o aforo dos locais– que está no 100% na actualidade-.
Horarios de peche
Xunta e hostaleiros non tratarán, en principio, sobre o cambio nos horarios de peche e non está previsto modificar, tampouco, os aforamentos.
Manter a máxima normalidade posible
O vicepresidente Rueda, declarou aos medios de comunicación que no ánimo da Xunta está manter a actividade do sector dentro da máxima normalide e chegar a acordos sobre propostas que poida asumir o sector, dentro das normas sanitarias que é preciso manter.
Rueda subliñou que ninguén quere tomar medidas máis duras e que a intención é que este Nadal sexa todo o normal que sexa posible, sen perder de vista a evolución da COVID, coa cal, subliñou, temos que convivir.