A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ante o inicio desta ponte festiva e do Nadal. Agora mesmo, Galicia ten baixas as reservas dos grupos Cero negativo (0-) e Cero positivo (0+).
Os días festivos e de lecer, indica ADOS, precisan dun “esforzo na participación dos cidadáns”, ante o descenso do número de doazóns, mentres non baixan as necesidades dos centros hospitalarios.
Estes hospitais precisan entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue, que garantan os compoñentes sanguíneos necesarios para desenvolver o seu labor asistencial”.
Este sábado e o martes, a Unidade Móbil estará en Vigo
Este sábado, 4 de decembro, unha das unidades móbiles de ADOS estará en Vigo e regresará o vindeiro martes, día 7. En total, chegarán a 40 concellos de Galicia nestas datas.
Tamén pódese sangue nos locais da asociación, situados nos hospitais, aos que é posible desprazarse sen cita, ainda que é mellor solicitala chamando ao teléfono 900 100 828.